Cargando resultados...
O Racing de Ferrol segue de doce a domicilio (0-3)
Gañoulle 0-3 ao Real Unión de Irún e achégase aos postos de fase de ascenso
G24.gal
11/12/2021 19:33
Na Primeira Federación, o Rácing estase aferrando ás súas impresionantes prestacións lonxe da Malata para escalar posicións.
Este serán impúxose con autoridade en Irún para colocarse de sexto, a só un punto dos postos de promoción de ascenso.
Axiña, aos catro minutos de xogo, abría o marcador Joselu. E, pouco despois da media hora ía chegar o 0 a 2, obra de David Rodríguez, con este remate logo do saque dunha falta.
A sentenza correu a cargo de Nathan Palafoz cando só quedaban oito minutos para o remate do partido.
Mañá será a quenda do Celta B, ás doce contra o Talavera, e do Deportivo, que recibe o Valladolid Promesas ás cinco.