O Rácing-Deportivo, un partido con pasado e chave para o futuro
O Rácing-Deportivo, un partido con pasado e chave para o futuro
Repasamos os antecedentes dun derbi con moita rivalidade
O de mañá na Malata (19:00 h, G2 e G24), será clave na loita polo ascenso
En Ferrol vaise refrescar mañá unha rivalidade futbolística histórica que naceu nas primeiras décadas do século pasado, e que viviu grandes momentos no estadio Manuel Rivera. Arrefriouse coa diferenza de categorías entre o Rácing e o Deportivo, pero dende hai tres temporadas volvemos revivir estes derbis.
Nas visitas máis recentes dos coruñeses a Ferrol, Sen público na Malata por covid impuxérase o gol de Pep Caballé.
A temporada pasada o duelo rematara con empate sen goles, pero abondosas ocasións. E xa con moito ambiente nas bancadas.
Porque este partido mobiliza as afeccións como hai moito tempo e para mañá as entradas quedaron esgotadas cinco días antes.
Considerado partido de alto risco, haberá un importante despregue policial para evitar incidentes.
Cada afeccionado asistirá desexando o mellor para o seu equipo. E no campo non queren defraudar.
Só faltan 7 xornadas de Liga, e os dous equipos rivalizan na zona de ascenso a Segunda. Con dous puntos de diferenza a favor do Deportivo, pero o Rácing cun partido menos.
Toda a emoción no céspede e na bancada da Malata mañá, e tamén na Televisión de Galicia.