Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid demandará a Villarejo polas acusacións de mercar colexiados

O Real Madrid demandará a Villarejo polas acusacións de mercar colexiados

O equipo branco sacou un comunicado despois da entrevista de Villarejo en RAC-1 en que acusaba o presidente, Florentino Pérez

G24.gal 03/10/2023 12:38

O Real Madrid sacou un comunicado reaccionando ás palabras de Villarejo en que acusaba a Florentino Pérez de mercar árbitros. A reacción do equipo branco foi inmediata e asegurou que comará accións legais contra o ex comisario

"O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, dispuxo a presentación inmediata da correspondente acción xudicial contra o excomisario Villarejo polas falsas acusacións realizadas na emisora catalá RAC1".

Na entrevista Villarejo acusaba o Real Madrid de ter mercado colexiados antes dos pagos do Barcelona a Negreira e tamén asegurou que ninguén se atrevía a tocar ao presidente do Real Madrid: "Florentino subornou árbitros antes que o Barcelona. O que se atrevese a denunciar a Florentino sería un suicida. É imposible xudicializar nada que afecte a Florentino Pérez, é intocable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade