Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid elimina o Barcelona e disputará a final da Euroliga co Olympiakos

O Real Madrid elimina o Barcelona e disputará a final da Euroliga co Olympiakos

G24.gal 20/05/2023 14:43

A historia repítese. Os clásicos nas semifinais da Euroliga son inevitablemente, para o Real Madrid. Non lle preocupou verse dominado durante moitos instantes. Cando o partido queimaba foron superiores. Ata o descanso, o Barcelona exhibiu un notable acerto desde o perímetro. Abrines, con 16 puntos, viu aro desde a longa distancia. Os cataláns chegaron a dominar po 9 antes do descanso.

O encontro virou no terceiro cuarto. Un parcial de 0-15 cambiouno todo. Pasouse cun 47 -39 a un 47-54 que cambiou a dinámica. A pesar de que o Barcelona logrou igualar no inicio do último cuarto. Sergio Rodríguez liderou a estirada definitiva con 9 puntos seguidos.

Pero os nomes propios foron outros. No lado negativo, Mirotic, que se foi cuns ridículos 3 puntos e con valoración negativa cando estaba chamado a ser o líder do seu equipo. Non defraudou esta espectativa Walter Tavares, o xogador máis determinante da Euroliga. 20 puntos, 15 rebotes  e 39 puntos de valoración son os datos cun coloso, ben secundado polo citado Sergio Rodríguez, William Goss ou Mario Hezonja.

Capítulo á parte a desfeita dun Jasikevicius que comeza a ver a porta da saída e a reivindicación do sempre discutido Chus Mateo, que podería coroarse se na final é capaz de superar ao Olympiakos. Pode ser tarefa sinxela se os gregos exhiben o nivel da primeira parte contra o Mónaco ou extremadamente complicado se o rendemento se asemella ao que lograron no terceiro cuarto, cun histórico parcial de 27-2. Repítese a final da novena Euroliga madridista coa esperanza de que este domingo sexa a decimo primeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade