O Real Madrid gaña en Escocia (0-3) pero perde a Benzema
O Real Madrid gaña en Escocia (0-3) pero perde a Benzema
Triunfo no campo do Celtic con tantos de Vinícius, Modric e Hazard
O Manchester City afondou na crise do Sevilla cunha vitoria (0-4)
O Real Madrid gañou no seu regreso á Liga de Campións. Fíxoo no campo do Celtic escocés, pero lamentou a lesión do seu capitán Karim Benzema, que tivo que marchar no primeiro tempo. Tamén deixou o partido no descanso con molestias o central Militão.
Forte saída do cadro local no partido, cunha presión alta que durante moitos minutos impediu ao Real Madrid facer o seu fútbol. A lesión de Benzema tampouco axudou a que os de Ancelotti se atopasen cómodos sobre o campo.
Pero este equipo ten tanta pegada que no espazo de catro minutos deixou o partido sentenciado. No 59 Vinícius volveu demostrar o seu gran momento de forma para facer o primeiro.
Valverde ➡️ Vini Jr ⚽️#LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/NMzwAxKag5
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) September 6, 2022
Sen tempo para dixerilo, o Celtic recibiu o segundo logo dunha asistencia de Hazard que non desaproveitou Modric. Co partido resolto, houbo tempo para o gol do belga, que tenta atoparse co seu mellor fútbol.
Haaland esmaga o Sevilla
O Manchester City aproveitouse do mal momento dun Sevilla que non levanta cabeza. Liderados polo letal Erling Haaland, os de Guardiola pasaron por riba dun conxunto deprimido e ao que nin a Champions serviu para mudar a dinámica.
O noruegués marcou no minuto 20. Phil Foden aumentou a vantaxe xa no segundo tempo (58') e o propio Haaland pechou o partido co segundo tanto na súa conta particular. Aínda habería tempo para un cuarto gol no tempo engadido marcado polo portugués Ruben Dias, mentres a bancada pedía a dimisión do presidente Pepe Castro.