Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid resiste e gaña en Stamford Bridge cun dobrete de Rodrygo

O Real Madrid resiste e gaña en Stamford Bridge cun dobrete de Rodrygo

O dianteiro sentencia unha eliminatoria que os brancos xa tiñan encamiñada da ida

Courtois apareceu no intre decisivo impedindo que o Chelsea crese na remontada

G24.gal 18/04/2023 22:33 Última actualización 18/04/2023 22:48

Unha temporada máis o Real Madrid volve pisar as semifinais da Champions. Traía unha boa vantaxe do Bernabeu (2-0) e completou un partido de volta moi serio en Stamford Bridge, onde logrou o triunfo grazas a un gol de Rodrygo. 

Antes houbo que pasar unha certa dose de sufrimento. Non podía ser doutro xeito a estas alturas da mellor competición de clubs do mundo. O Chelsea deu dous avisos no primeiro tempo pero Courtois sempre está providencial para evitar calquera opción dos rivais. 

O Real Madrid tamén deu os seus avisos, sobre todo cun Rodrygo moi inspirado aproveitando ao máximo a confianza de Ancelotti. No primeiro tempo estrelou un remate contra o pau. No segundo (minuto 58) fabricou e culminou a xogada do gol que deixaba a eliminatoria resolta. 

Ese tanto deixou sen capacidade de resposta o Chelsea. O Real Madrid fíxose dono do partido e acabou sentenciando nunha grande acción colectiva con asistencia de Valverde e segundo gol de Rodrygo na súa conta particular (minuto 80). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade