Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Filipe impón a Orde do Mérito Civil ao director da Real Banda de Gaitas de Ourense

O rei Filipe impón a Orde do Mérito Civil ao director da Real Banda de Gaitas de Ourense

Recibiron a condecoración nove mulleres e dez homes que representan as dezasete comunidades autónomas e as dúas cidades autónomas

G24.gal 19/06/2024 18:58

O rei Filipe VI entregou, con motivo do seu X aniversario como Xefe do Estado, a Orde do Mérito Civil a 19 cidadáns anónimos.

Os homenaxeados, que recibiron a distinción este mércores no Palacio Real, son nove mulleres e dez homes de idades entre os 35 e os 89 anos, que representan as dezasete comunidades autónomas e as dúas cidades autónomas.

Recoñeceuse profesionais da educación, cultura, sanidade, voluntariado, enxeñería, sustentabilidade, agricultura, gandería ou sector turístico.

A Orde do Mérito Civil máis musical recibiuna o director da Real Banda de Gaitas de Ourense Xosé Luís Foxo Rivas, que desde Galicia leva décadas fomentando e ensinando a miles de mozos este instrumento tradicional.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade