Cargando resultados...
O rei preside un desfile naval na véspera do Día das Forzas Armadas
O rei preside un desfile naval na véspera do Día das Forzas Armadas
Máis de 2.000 efectivos participan na parada na baía de Xixón
O buque insignia da Armada, o portaavións Juan Carlos I, na revista naval
Antón Montero
24/05/2024 20:33
Última actualización 24/05/2024 20:37
Mañá celébrase o Día das Forzas Armadas. Con ese motivo, o rei presidiu hoxe en Xixón un desfile naval. Filipe VI presenciou na baía de San Lorenzo unha exhibición de sete buques da Armada, encabezados polo portaavións Juan Carlos I, buque insignia da frota española.
O acto complementouse cunha demostración aérea a cargo da Patrulla Acrobática de Paracaidismo e un simulacro de desembarco anfibio. Pechou o evento a Patrulla Águila, que pintou os colores da bandeira española sobre o ceo asturiano.