Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei recibe en audiencia ao lehendakari

O rei recibe en audiencia ao lehendakari

O encontro enmárcase nas audiencias que Filipe VI ofrece ao inicio do mandato de cada presidente autonómico

Antes da reunión, Imanol Pradales trasladaba a súa confianza en que houbese "unha boa sintonía" para o "coñecemento mutuo"

G24.gal 08/07/2024 20:00 Última actualización 08/07/2024 20:10

O rei recibiu esta tarde en audiencia o lehendakari.

Filipe VI deulle a benvida a Imanol Pradales dicíndolle "parabéns, lehendakari".

A cita enmárcase no costume do rei de reunirse cos presidentes autonómicos tras ser nomeados.

Neste caso, Imanol Pradales hai dúas semanas que xurou o cargo como sexto lehendakari da democracia ante a árbore de Gernika.

Antes deste encontro, Pradales dicía que agardaba "unha boa sintonía" que servise para o "coñecemento mutuo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade