Cargando resultados...
O rei Xoán Carlos non sae navegar pola choiva e queda na casa de Pedro Campos
O rei Xoán Carlos non sae navegar pola choiva e queda na casa de Pedro Campos
O Bribón permaneceu amarrado en Sanxenxo e a tripulación visitou o pai de Filipe VI
Momento da chegada a porto na véspera do rei Xoán Carlos (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal
28/07/2023 16:01
O rei Xoán Carlos permaneceu este venres na casa do seu íntimo amigo e regatista Pedro Campos e non saíu a navegar a causa da choiva.
O Bribón continuou atado no embarcadoiro do Club Náutico.
Na casa de Pedro Campos, en Nanín, o pai de Filipe VI recibiu a visita da tripulación.
Esta fin de semana, previsiblemente, disputarase a regata XXIV Trofeo Hotel Carlos I Silgar para embarcacións de clase 6m.
Esta será a quinta puntuable para o V Circuito Liga Española de clase 6m.