Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos volveu navegar en Sanxenxo

O rei Xoán Carlos volveu navegar en Sanxenxo

Agárdase que veña visitalo a súa filla, a infanta Helena

Non hai previsto encontro oficial co rei Filipe VI, que este xoves estará a apenas 15 quilómetros, no Foro Vínculo Atlántico que se celebra na Toxa. 

G24.gal 27/09/2023 14:41 Última actualización 27/09/2023 20:50

O rei Xoán Carlos volveu navegar en Sanxenxo. Este martes saíu a bordo do Bribón, dous días antes da regata que leva o seu nome.

Da casa do seu amigo Pedro Campos saía saudando desde o coche os medios que estaban exterior. No peirao do Náutico de Sanxenxo agardábao, xa preparado na auga, o Bribón, co que vai competir na regata que leva o seu nome.  

O ex-xefe do Estado saudou a tripulación e subiu ao barco por primeira vez desde a súa chegada o pasado luns. A súa estadía en Sanxenxo é de carácter privado e estase a desenvolver coa máxima discreción.

Pola axenda da regata sabemos que participa como patrón do Bribón, que a proba comezará este venres pola tarde e que se vai prolongar na fin de semana.

Agárdase que veña visitalo a súa filla, a infanta Helena. Non hai previsto encontro oficial co rei Filipe VI, que mañá estará a apenas 15 quilómetros, no Foro Vínculo Atlántico que se celebra na Toxa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade