Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Reino Unido chora a Isabel II, mentres recibe a Carlos III como novo rei

O Reino Unido chora a Isabel II, mentres recibe a Carlos III como novo rei

Isabel II foi a única xefa do Estado que coñeceron a maioría dos británicos

Algunhas bandeiras volveron ao máis alto no Reino Unido
G24.gal 10/09/2022 20:41 Última actualización 10/09/2022 21:48

A proclamación de Carlos III como novo rei permitiu que este sábado, e a pesar do loito oficial decretado no Reino Unido, as bandeiras británicas volveran ao máis alto, polo menos nos edificios onde estea o sucesor de Isabel II. 

As trompetas e os canonazos de honra serviron para recibir o novo rei e despedir a muller que durante setenta anos foi a imaxe da coroa británica.

"Pensei que viviría para sempre"

"Creo que é un evento único na vida, sempre pensei que a raíña viviría para sempre, pero sabiamos que non era así; aínda estou conmocionado, e estou seguro que os demais tamén senten algo parecido. É difícil dicir o Rei, a maioría da xente só coñecemos a Raíña, non? El fará un bo traballo", sinala Jim Russell, un maquinista do tren de 56 anos e veciño de Londres.

Testemuñas similares podían escoitarse nos arredores do Pazo escocés de Balmoral, onde morreu Isabel II e onde permanece o seu féretro.

"Creo que afectou a moitas persoas moito mais do que pensaban, porque ela foi parte da vida de todos, e durante moito tempo, case ninguén vivo pode lembrar cando Isabel II non era raíña, así que o cambio é radical", afirma en Balmoral Andrew Mellor, avogado de Edimburgo.

"É o final dunha era"

"É o final dunha era, é un gran momento para o país e para o mundo, e por iso pensamos que tiñamos que vir", aseguraba a científica británica Nia Gray.

O funeral será o día 19

O funeral de Estado celebrarase o vindeiro luns, 19 de setembro, xornada festiva no Reino Unido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade