O Reino Unido sobe impostos a cidadáns e empresas para reducir a débeda
O Reino Unido sobe impostos a cidadáns e empresas para reducir a débeda
Trátase dun plan fiscal oposto ao que fixo caer o anteiror exectivo de Liz Truss
O ministro británico de Economía, Jeremy Hunt, anunciou este xoves subidas de impostos a cidadáns e empresas a fin de reducir a débeda.
Hunt rebaixou de 150.000 a 125.140 libras o limiar de ingresos a partir do cal se pagará a banda máis alta do imposto sobre a renda, do 45 %, mentres que conxelará, en lugar de aumentala, a proporción de ganancias libres de impostos, a fin de incluír a máis contribuíntes nos próximos anos.
O ministro conservador tamén elevará do 25 ao 35 % o imposto temporal sobre os beneficios extraordinarios das empresas de petróleo e gas e impoñerá unha taxa provisional do 45 % sobre eses excedentes ás xeradoras de enerxía.
Hunt anulou a exención do imposto de circulación aos vehículos eléctricos e aumentará a taxa sobre os locais comerciais.
O ministro planea estuda recortes do gasto público a fin de equilibrar as finanzas estatais e ofrecer confianza aos mercados financeiros, que se desestabilizaron tras o plan fiscal anunciado o 23 de setembro polo anterior Goberno conservador de Liz Truss para baixar impostos.