Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Reino Unido: unha crise política, económica e de confianza agravada polos efectos do 'brexit'

O Reino Unido: unha crise política, económica e de confianza agravada polos efectos do 'brexit'

Os retos de Rishi Shunak para evitar un adianto electoral que desaloxaría os tories do poder

G24.gal 29/10/2022 15:30

O Reino Unido estreou novo primeiro ministro, o quinto en seis anos e o terceiro nos últimos catro meses. Rishi Sunak, de 42 anos, neto de inmigrantes hindús e millonario, deberá afrontar unha montaña de retos.

O primeiro, unir o Partido Conservador, inmerso nunha profunda crise interna pola división entre radicais e moderados.

Sandar as feridas abertas polo brexit entre os tories é fundamental para afrontar a crise económica, financeira e de credibilidade que arrastra o país.

Unha crise semellante á dos países europeos pero agravada tamén polas consecuencias do divorcio coa Unión Europea.

Se non o consegue é probable que deba convocar unhas eleccións anticipadas que segundo todas as sondaxes desaloxarían os tories do poder despois de doce anos. As enquisas danlles máis de 30 puntos de vantaxe ao Partido Laborista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade