Publicador de contidos
Publicador de contidos

O río atmosférico deixa chuvia por todas as comarcas de Galicia

O río atmosférico deixa chuvia por todas as comarcas de Galicia

Nalgúns concellos poden recoller ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas

O fenómeno dará paso a xornadas de tempo seco e solleiro

Imaxe directo cámara web CRTVG Lalín
G24.gal 02/10/2024 12:30 Última actualización 02/10/2024 20:59

Charcos, rúas molladas e, sobre todo, paraugas. Era a estampa por toda Galicia esta mañá. A intensa chuvia afectou sobre todo as provincias de Pontevedra e A Coruña nas primeiras horas do día e agárdase que pola tarde se intensifiquen no interior e a montaña. Nalgunhas zonas pódense recoller ata corenta litros por metro cadrado no espazo de doce horas.

Na montaña de Lugo hai situación de alerta amarela ata as nove da noite pola chuvia, xa que poderían caer ata 15 litros por metro cadrado en só unha hora. A parte positiva son as temperaturas altas para esta época, con máximas de 22 graos e mínimas que non baixarán de 16.

Este fenómeno dunha xornada de fortes precipitacións que se desprazan coñécese como río atmosférico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade