Publicador de contidos
Publicador de contidos

O río Miño está en nivel amarelo en toda a conca

O río Miño está en nivel amarelo en toda a conca

Mentres noutras comunidades preocupa a seca, en Galicia a chuvia segue batendo marcas

Este ano hidrolóxico é xa o terceiro máis chuvioso desde que hai rexistros

Os encoros da conca Miño-Sil roldan o 90 % de ocupación e os ríos levan máis do dobre de auga do habitual nesta época

G24.gal 11/03/2024 14:44

Os parrulos son os únicos que se mergullan hoxe nas termas da Chavasqueira. O nivel do río sobe dos 5 metros, cando a semana pasada levaba tres e medio. E o caudal duplicouse, desde Lugo a Salvaterra, o que obrigou a cortar algúns treitos dos paseos.

Os encoros están ao 89 % e os ríos levan un caudal extraordinario, máis do dobre do habitual tras uns meses que baten marcas en canto a precipitacións.

"É o terceiro ano hidrolóxico máis húmido da serie, desde 1980, tras 2000-2001 e 2009-2010", di Carlos Ruiz del Portal, xefe da oficina de Planificación Hidrolóxica da CHMS.

Aumentaron tamén as reservas de auga subterránea, un 20 % por riba do habitual. Tanta que dá a sensación de que a terra non é capaz de absorber máis auga.

"O cal é unha boa noticia porque, cando deixe de chover, o que vai alimentar os ríos e esa auga subterránea", explica Ruiz del Portal.

Nos próximos días non se agardan precipitacións importantes, pero os caudais seguirán altos pola neve acumulada, equivalente a un terzo do encoro de Belesar, o máis grande da conca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade