Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da imaxe persoal reivindica un IVE do 10% cunha xornada electoral simbólica

O sector da imaxe persoal reivindica un IVE do 10% cunha xornada electoral simbólica

Votaron nunha urna nas rúas de Santiago para pedir o compromiso dos partidos políticos

Queren que se restitúa o IVE reducido en salóns de peiteado, estética e barberías

 

G24.gal 17/07/2023 15:06

Peiteadores, barbeiros e esteticistas votan na rúa en plena campaña electoral. O seu voto é unánime, queren recuperar un IVE reducido do 10% para o seu sector. Recordan que estiveron cerca de logralo, pero o Goberno central vetou a baixada cando contaba co apoio no Congreso e no Senado.

"Agora votamos nós e pedimos que todos os partidos leven a proposta no seu programa"

"Na pandemia nos declararon esenciais, e se somos esenciais non temos que pagar o 21%"

"A outros sectores coma as funerarias ou as florerías pasoulles o mesmo, pero a ales si que lles volveron baixar o IVE, a nós non", explican as coordinadoras da plataforma Crer en nós.

Consideran que a baixada do IVE podería axudar a salvar negocios e postos de traballo. A suba dos custos de produción acadou un 30% nos últimos anos e foron moitos os que tiveron xa que baixar a persiana.

"Non podemos repercutir este IVE na factura para que o asuma o cliente, e os custos subiron demasiado como para poder seguir así", explican desde a plataforma Crer en nós.

Segundo datos do sector, en Galicia pecharon desde 2020 máis de 2.000 salóns de peiteado e estética. Peches en que perderon o traballo máis de 3.000 profesionais da imaxe persoal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade