Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da transformación da madeira facturou 2.800 millóns no último ano

O sector da transformación da madeira facturou 2.800 millóns no último ano

A primeira transformación da madeira xera en Galicia 95.000 empregos

En Galicia as cortas de madeira achegáronse aos 11 millóns de metros cúbicos no último ano
G24.gal 09/06/2023 14:42

2.800 millóns de euros de facturación e 11 millóns de metros cúbicos de cortas. Son dous datos que demostran o peso específico do sector da primeira transformación da madeira en Galicia. Un sector en auxe que xera 25.000 empregos directos e 75.000 indirectos.

Precisamente a falta de persoal, polo despoboamento do rural, é un dos principais problemas, para o que buscan xa solucións. No sector din que o plan estratéxico da madeira é unha das prioridades, como sinalaba tamén no programa Bos días o conselleiro do Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade