Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector das vodas recupera a normalidade tras a pandemia

O sector das vodas recupera a normalidade tras a pandemia

As reservas están case ao 100 % para esta temporada

G24.gal 18/04/2022 21:07

A retirada das máscaras é o derradeiro vestixio dunhas restricións que puxeron en suspenso ás vodas. Pero todo indica que, no tocante a este tipo de eventos, todo está a piques de volver ser como antes. 

Podemos dicir que a vella normalidade regresa polo menos ao sector das vodas e que para este verán apenas quedan ocos libres para máis celebracións, que xa se están trasladando a 2023 e mesmo a 2024.

A maioría dos lugares especializados en vodas volverán facer triplete de venres, sábado e domingo de xuño a setembro. Como pasaba antes da pandemia.

Ademais de recobrar as cifras de reservas, xa sen máscaras nos interiores, os festexos recuperan por completo a súa esencia. 

O cambio máis notable está en certos reaxustes nos prezos para os que acaban de chegar. 

A acumulación de vodas pendentes dos dous anos pasados tamén está a provocar certa desestacionalización das celebracións cara aos meses de outono e de inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos