Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do cerco e a Xunta van solicitar un paro biolóxico pola rebaixa da cota do xurelo

O sector do cerco e a Xunta van solicitar un paro biolóxico pola rebaixa da cota do xurelo

Para paliar o impacto económico desta medida, que consideran catastrófica para a frota galega, tamén estudan pedirlle ao Executivo que se asigne a cota de xurelo a cada barco

G24.gal 19/12/2022 14:32

O sector galego do cerco pediralle ao Goberno central un paro biolóxico voluntario para os barcos prexudicados polo recorte na cota do xurelo. Foi o que acordaron na reunión que mantiveron esta mañá coa Xunta, despois de que Bruxelas reducise as capturas de 70.000 a 3.200 toneladas.

Para paliar o impacto económico desta medida, que consideran catastrófica para a flota galega, tamén estudan pedirlle ao Executivo que se asigne a cota de xurelo a cada barco en función da dependencia que ten desta especie.

José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías di que se vai facer un paro biolóxico voluntario e rotativo para protexer o recurso.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana di que coa normativa en vigor o cerco ten moitas dificultades para poder facer a extracción do xurelo de forma accesoria, pero tamén sería un erro non poder capturar as tres mil duascentas toneladas que temos. Estamos mirando a posibilidade de facer unha extracción asinando cotas por dependencia a determinado tipo de buque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade