Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pesqueiro pídelle ao Goberno que rebaixe o IVE dos produtos do mar

O sector pesqueiro pídelle ao Goberno que rebaixe o IVE dos produtos do mar

Pedíronllo directamente a Pedro Sánchez a través dunha carta

 Advirten dos riscos para a saúde dos consumidores e dos prexuízos económicos para o sector

G24.gal 05/01/2023 14:18

Malia os seus beneficios para a saúde, o peixe é o alimento que máis retrocede na cesta da compra, cunha caída das vendas próxima ao 15 por cento. Os produtos do mar son dos que máis encareceron durante o último ano. 

O sector reacciona e reclama ao Goberno central que inclúa o peixe na lista dos produtos básicos aos que se lles aplica a rebaixa do IVE. Os produtos do mar están suxeitos ao dez por cento do IVE e non se consideran de primeira necesidade. 

O sector pesqueiro advirte dos riscos que ten para a saúde reducir o consumo de peixe.  Agardan que o executivo central reconsidere a súa decisión e lembran a recomendación do Ministerio de Consumo, que aconsella comer peixe tres días á semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos