Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas asegura que xa se supera o 60 % de atención nas súas consultas

O Sergas asegura que xa se supera o 60 % de atención nas súas consultas

Sanidade informa de que o 87 % das consultas solicitadas aténdense en menos de 4 días
 

G24.gal 14/11/2021 14:21

Os datos que manexa a plataforma SOS Sanidade Pública difiren dos achegados pola Xunta. Segundo informa o Sergas nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde xa está a superar a media do 60% de presencialidade nas súas consultas.

Logra adiantar en preto de mes e medio o prazo establecido como primeiro obxectivo, que se debía acadar antes de chegar ao remate do ano 2021.

O 87% das consultas solicitadas pola poboación galega son atendidas en menos de catro días, segundo os datos facilitados por Sanidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos