Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adeus a un exitoso Son do Camiño, algo máis ca un festival de Maluma a Aitana

Adeus a un exitoso Son do Camiño, algo máis ca un festival de Maluma a Aitana

O bo tempo acompañou no Monte do Gozo o festival, que aposta pola pluralidade de xéneros cun éxito de 120.000 asistentes nas tres xornadas

Polos escenarios pasaron desde ritmo urbanos, a música indie consolidada, o pop español ata a electrónica

Éxito de asistentes ao Son do camiño no Monte do Gozo en Santiago
G24.gal 17/06/2023 21:50 Última actualización 18/06/2023 09:37

Tras tres días de diversión, rematou o Son do Camiño, pero os ánimos aínda están ben arriba.

Neste festival os abonos sempre se esgotan en cuestións de minutos, incluso antes de saberse o cartel.

Son tres días de concertos e festa sen parar nun Monte do Gozo abarrotado de xente, onde moitos son repetidores. E este ano o Son do Camiño contou con 120.000 persoas de máis de 35 países.

Participaron artistas moi esperados, como Maluma, que actuou diante de máis de 40.000 espectadores ou Aitana, que ten grandes imitadoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade