O soño do Gran Peña pasa polo Helmántico
O soño do Gran Peña pasa polo Helmántico
Os de Luis Bonilla necesitan remontar para acadar o ascenso
O Celta C Gran Peña perdeu a semana pasada por 0-1 ante o Salamanca CF UDS en Barreiro, resultado que deberá remontar para poder estar o ano que vén na Segunda Federación(sen ter en conta as variables económicas).
Para o partido os celestes non poderán contar co seu "nove", José Rivera, pola súa expulsión nunha controvertida xogada que o fixo rematar de ver o partido de ida dende o chanzo. Esta semana foi anunciado que pola susodita acción recibiu unha sanción de dous partidos. Non obstante, o Gran Peña é un grupo por riba de todo, tal e como comentaron os xogadores esta semana, e que realizaron unha cea de equipo a modo de conxura.
Para recibir aos celestes o Salamanca ten preparado un Helmántico abarrotado no que se espera practicamente un cheo. Esta situación lonxe de intimidar aos xogadores do Gran Peña é para eles unha grande oportunidade, e unha "experiencia única" nas súas vidas como varios declararon esta semana.
O partido, mañá ás 18:00 na segunda canle da TVG e en AGalega.gal.