Publicador de contidos
Publicador de contidos

O subdirector de policía e supervisor do caso Daniel Sancho, investigado por corrupción en Tailandia

O subdirector de policía e supervisor do caso Daniel Sancho, investigado por corrupción en Tailandia

O primeiro ministro de Tailandia anunciou a apertura dunha investigación por presunta corrupción contra o subdirector da policía Surachate Hakparn

G24.gal 26/09/2023 12:56 Última actualización 26/09/2023 13:21

O primeiro ministro de Tailandia anunciou a apertura dunha investigación por presunta corrupción contra o subdirector da policía Surachate Hakparn, alcumado Big Joke, que é o encargado de supervisar o caso de asasinato do que está acusado o español Daniel Sancho.

O anunciou prodúcese uns días despois de que axentes da policía tailandesa rexistraran residencias, entre elas a de Surachate, en relación con subornos supostamente pagados por un grupo de apostas por Internet.

Surachate non foi arrestado, pero si oito colaboradores do subdirector da policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade