Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo anula a declaración voluntaria de Ábalos prevista para este xoves

O Supremo anula a declaración voluntaria de Ábalos prevista para este xoves

Estaba prevista para este xoves, pero o exministro pedira aprazala

G24.gal 09/12/2024 15:06

Hai novidades no caso que investiga o exministro José Luis Ábalos por irregularidades nos contratos de máscaras na pandemia. O Tribunal Supremo rexeita aprazar a súa declaración voluntaria e prepárase para citalo de forma obrigatoria.

O xuíz do Supremo que investiga a José Luis Ábalos non está disposto a pospor a declaración voluntaria do exministro. É máis, decidiu anulala. Estaba prevista para este xoves, pero Ábalos pedira aprazala.

Nun auto, o maxistrado asegura que o aforado pode decidir comparecer ou non, pero o que non pode é marcar os tempos segundo lle conveña. Se aceptase a súa solicitude, Ábalos declararía despois de Koldo García e Victor de Aldama.

O seguinte paso do xuíz será pedir un suplicatorio ao Congreso para poder citalo en calidade de imputado. Porá unha data en que o deputado terá que declarar obrigatoriamente.

Óscar López, ministro para a Transformación Dixital, amosouse este luns confiado en que "a xustiza esclareza estes asuntos". Nunha entrevista en TVE, López asegurou que o Goberno "vai seguir gobernando para a xente, falando dos problemas que lle preocupan á xente, máis alá dese ruído interesado que xera esa máquina do fango e a dereita".

Visión contraria teñen no PP.  Para Alberto Núñez Feijóo, "a axenda que lle preocupa ao Goberno é a axenda xudicial". Na súa opinión, "cando un presidente do Goberno dedica moito máis tempo aos seus problemas xudiciais que aos problemas da xente, o país queda sen goberno e á deriva desde o punto de vista político".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade