Publicador de contidos
Publicador de contidos

O teatro invade Ourense con FITO

O teatro invade Ourense con FITO

O Festival Internacional de Teatro de Ourense celebra a edición número 16 cunha ducia de representacións

Diferentes temáticas e postas en escena para reivindicar a riqueza teatral

G24.gal 19/10/2023 21:19 Última actualización 19/10/2023 21:29

Por arte de improvisación, convertemos unha libraría nun escenario. A responsable desta ilusión é a actriz colombiana Kelly Dittel, transmutada en No-Cosas, que nos lanza a súa reivindicativa mensaxe: "O tacto, a percepción, o simple, o mínimo, o silencio, o detalle... Cousas que se perden coa vida moderna".

A interacción co público é unha das constantes deste certame, que busca un achegamento ao corazón da cidade. Cunha ducia de representacións, as propostas escénicas oscilan entre o escenario clásico do Teatro Principal, a propia rúa ou a casa da Cultura do concello veciño de Barbadás, onde o público compartiu espazo coas actrices.

Na súa décimo sexta edición, o Festival Internacional de Teatro de Ourense segue reinventándose para alimentar o recoñecemento dos espectadores.

Fina Calleja, directora de FITO: "Ourense quere teatro, pero é un compromiso que hai que renovar. A cultura, como a imaxinación, hai que alimentala de estímulos. Non está o peixe vendido todos os días, hai que seguir traballando".

Un dos seus compromisos son as bolsas de creación, para darlles a oportunidade a novos talentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade