Publicador de contidos
Publicador de contidos

O teléfono 024 contra o suicidio recibe unha media de 600 chamadas cada semana

O teléfono 024 contra o suicidio recibe unha media de 600 chamadas cada semana

Entre 20 e 30 casos derívanse ao servizo de emerxencias por risco real e inminente de suicidio

Chaman sobre todo mulleres, mozos e profesores que buscan pautas para detectar e previr condutas suicidas

G24.gal 24/05/2022 19:43 Última actualización 24/05/2022 20:37

A ministra de Sanidade fixo balance no Senado do funcionamento do teléfono 024 contra o suicidio, que empezou a funcionar o 11 de maio.

Revelou que recibe cada semana unhas 600 chamadas, e que delas, entre 20 e 30 remítense ao servizo de emerxencias porque hai un risco inminente de suicidio.

Carolina Darias tamén especificou o perfil das persoas que chaman. "Son principalmente mulleres, mozos e profesores que chaman preguntando como actuar ante casos potenciais, para poder detectalos a tampo. Por iso xa lles avanzo que o noso seguinte reto é facer códigos de conduta risco", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade