Publicador de contidos
Publicador de contidos

Devotos de toda Galicia acoden á romaría do corpiño en Lalín

Devotos de toda Galicia acoden á romaría do corpiño en Lalín

Este luns é o día grande. Remata o Ano Mariano no Santuario de nosa Señora do Corpiño e pechan a Porta Santa.

G24.gal 23/06/2024 13:51 Última actualización 23/06/2024 14:02

O do Corpiño é un dos santuarios dedicados á Virxe máis antigos e coñecidos de Galicia. Miles de devotos acoden aquí durante todo o ano, pero especialmente cando chega o san Xoán. 

"Non é a primeira vez que veño. Vin desde Silleda andando porque fixen unha ofrenda e hai que cumprir, se cumpre a Virxe tes que vir aquí".

"Collín isto porque me doe o lombo e seica cura algo. Imos facer a proba".

"Vimos do Carballiño e xa é a terceira ou cuarta vez, para que a santiña nos dea sorte na cabeciña, na saúde".

"Vimos gozar un pouco das festas tradicionais que se están perdendo e pedirlle moita saúde".
 

A edificación construíuse a finais do século dezaoito e tivo reformas posteriores. Nunha das portas represéntase a lenda das aparicións. 

"No monte que está as miñas costas vivía un ermitán que tiña moita devoción á Virxe. Cando morreu os veciños atoparon incorrupto o corpo na cova onde vivía e construíron un pequeno lugar de enterramento ao que a xente ía en peregrinación para rezar e curar".

Este luns é o día grande da festa, haberá misas a partir das oito da mañá e a imaxe da Virxe sairá en procesión ao mediodía. Despois da misa das seis da tarde está previsto o peche da Porta Santa e a clausura do Ano Santo Mariano.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar