O temporal esnaquiza a campaña da castaña no oriente ourensán
O temporal esnaquiza a campaña da castaña no oriente ourensán
A borrasca Kirk partiu á metade castiñeiros centenarios, esnaquizou pólas e levou voando quilos e quilos de castañas
Moitas das castañas que si quedaron nas árbores tampouco poderá madurar polos danos do temporal
No oriente ourensán calculan que se vai botar a perder a metade desta campaña, que nun principio se prevía moi boa
Ata a metade da produción de castaña podería perderse polo temporal no oriente ourensán. O vento e a choiva levaron onte por diante quilos e quilos de castañas que estaban aínda sen recoller, partiron pólas e mesmo esnaquizaron castiñeiros centenarios.
É desolador, din os produtores de castaña, ver castiñeiros que estaban a rebordar, esnaquizados. Os soutos cheos de ourizos con castañas que non valen para comercializar.
E moitas das castañas que se salvaron do temporal, tampouco poderán madurar na árbore. E isto pasa nunha campaña que por fin prevían boa, despois de varias escasas.
Esta mañá en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados, afanábanse en recoller a desfeita e valorar danos.
Unha campaña boa no oriente ourensán apáñanse uns 20 millóns de quilos, temen que a metade poida botarse a perder.