O temporal Irene deixa unha vintena de incidencias en Santiago
O temporal Irene deixa unha vintena de incidencias en Santiago
Os 50 l/m2 descargados sobre a cidade volveron asolagar a parte baixa do barrio das Fontiñas
O temporal Irene deixou unha vintena de incidencias na capital de Galicia. A máis importante, no barrio das Fontiñas, onde as intensas precipitacións anegaron a zona baixa.
Os 50 litros por metro cadrado descargados pola tormenta Irene sobre Santiago volveron anegar a parte baixa do barrio das Fontiñas. Os sumidoiros foron incapaces de aliviar tanta chuvia e a auga concentrouse na rotonda de acceso ao Sar, que quedou momentaneamente intransitable.
“Hai problema, pois non sei se de escasa capacidade das tubaxes, e iso túpese todo. Creo que moito problema é de toalliñas, hixiénicos e todo iso. Unha tubaxe que bota por fóra as augas fecais”.
“Toda esa lama que vén da pista esa chegaba ata aquí, estivo varios días. Despois tivérono que sacar e isto estivo pechado, non se podía transitar”.
A situación neste barrio compostelán repítese cada vez que chove con forza.
"Desde que viñemos para aquí, todos os anos se anega".
"Isto pasou varias veces, non é a primeira vez, está á orde do día".
Os bombeiros composteláns atenderon preto de 20 incidencias relacionadas con estragos causados polo temporal.