O temporal nos Estados Unidos deixou máis de 80 persoas falecidas
O temporal nos Estados Unidos deixou máis de 80 persoas falecidas
En Oregón segue vixente a declaración de emerxencia pola ausencia de enerxía eléctrica
Os Estados Unidos recuperan lentamente a normalidade, despois dunha semana de temporal de frío e neve que deixou tras de si máis de oitenta persoas falecidas.
As temperaturas de ata trinta graos baixo cero dominaron a maior parte do país, dificultando o tráfico por estrada e o aéreo. A canle norteamericana de televisión CBS di que o temporal matou, de xeito directo ou indirecto, 83 persoas.
As temperaturas subirán moito
As zonas máis afectadas seguen sendo Tenessee, Kentucky e Oregón, onde segue vixente o estado de emerxencia pola ausencia de enerxía eléctrica.
As temperaturas comezaron subir este domingo, e durante a próxima semana superarán as habituais no mes de xaneiro.