Cargando resultados...
O título de familia numerosa amplia a vixencia ata os 21 anos do primeiro fillo
O título de familia numerosa amplia a vixencia ata os 21 anos do primeiro fillo
Xa non terán que renovar o título cada catro anos e poderán telo dixitalizado
Renóvase tamén a imaxe do carné familiar co que acceden aos descontos
G24.gal
03/06/2022 14:37
A conselleira de Política Social, Fabiola García, presenta as novidades no título e no carné de familia numerosa. Entre as novidades destacou que será en formato dixital e que se amplía a vixencia.
"As familias que teñan que renovar o título, recibirano en formato dixital e sen vixencia, ata os 21 anos do primeiro fillo, non teñen que renovalo cada catro anos e sobre todo poderán telo en formato dixital todos os membros da familia", explica a conselleira de Política Social, Fabiola García.