O tráfico ferroviario entre Lugo e Monforte volverá suspenderse a próxima fin de semana
Quedará interrompido dese o sábado ata luns
Suspéndese o tráfico por mor das obras que está a executar Adif para mellorar a liña e electrificar esa parte do trazado

O tráfico ferroviario entre Lugo e Monforte de Lemos volverá quedar interrompido a próxima fin de semana, concretamente desde o sábado ata o luns, como consecuencia das obras que está a executar Adif para mellorar a liña e electrificar esa parte do trazado.
Adif informou de que segue avanzando nas obras necesarias para instalar o sistema de electrificación no trazado de liña de ferrocarril convencional entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 quilómetros de lonxitude. Estas obras obrigarán a interromper o tráfico ferroviario entre o 12 e 14 de novembro.
Adif está a realizar distintas a renovación de vía e desguarnecido de balastro. Amais está a construír drenaxes, pasos superiores, túneles e trincheiras neste treito da liña. Posteriormente van colocar o tendido eléctrico.
As actuacións previstas para a próxima fin de semana, que se suman ás realizadas entre o 15 e o 17 de outubro, “non son compatibles coa prestación do servizo ferroviario, polo que a empresa ferroviaria Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos programados para os devanditos días”, informa Adif nun comunicado.