O trastorno mental que padece Sandamil non lle anulaba totalmente o xuízo e a vontade
O trastorno mental que padece Sandamil non lle anulaba totalmente o xuízo e a vontade
Conclusión dos psiquiatras forenses sobre a acusada do crime de Muimenta
Día clave no xuízo polo crime de Muimenta. O xurado popular deberá decidir se a acusada, Ana Sandamil, era consciente dos seus actos cando, presuntamente, matou a súa propia filla.
Por iso é tan importante a opinión dos psiquiatras forenses que avaliaron o seu estado mental. Tras estudar o seu historial médico e realizarlle varias entrevistas durante meses chegaron a esta conclusión:
"Ten unha enfermidade mental, un trastorno grave da personalidade, posiblemente desde hai tempo, incluso desde a súa xuventude. E nós cremos que este trastorno si afectou aos feitos pero dunha maneira parcial".
Os psiquiatras desvinculan esta enfermidade da morte de Desirée.
"Cremos que Ana Sandamil no momento destes feitos non tiña completamente anulada a súa capacidade para ver e intrepretar a realidade. Non tiña completamente anulado nin o xuízo da realidade nin o control voluntario dos seus actos".
O crime de Muimenta, a xuízo destes peritos forenses. non cadra polo tanto co que en psiquiatría se define coma un homicidio psicótico.