Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vitoria máis doada para o Deportivo (5-0)

A vitoria máis doada para o Deportivo (5-0)

Lucas marcou un dobrete e dedicoullo ao seu fillo Irvin

Soriano, Saverio e Cordero en propia porta completaron a goleada

G24.gal 25/02/2023 18:58

O Deportivo acadou o triunfo máis doado da temporada diante do Badaxoz e colocouse como líder provisorio do campionato por primeira vez no que levamos de campionato. 

Os pacenses amosáronse como un rival moi feble que aos 12 minutos xa estaba por debaixo no marcador co tanto de Soriano. Mackay tivo un par de boas intervencións antes de que no 34 Cordero marcase en propia porta e deixase o partido moi encamiñado. 

Xusto antes do descanso Lucas Pérez marcou o terceiro, o primeiro desde a súa paternidade. O segundo tempo foi de luva branca, con moitas ocasións para os dous equipos e que acabou redondeando o equipo de Óscar Cano no treito final. Saverio (ao que lle anularan un gol xusto antes de xeito inxusto) e Lucas de penalti completaron o triunfo máis fácil de toda a temporada para os coruñeses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade