O troco de adestrador non soluciona os problemas do Compostela (4-0)
O troco de adestrador non soluciona os problemas do Compostela (4-0)
Partido desastroso dos santiagueses no campo do modesto Cayón, que pelexa pola permanencia
O Compostela non tocara fondo a semana pasada. Agardemos que este 4-0 recibido no campo do modesto Cayón sirva de punto de inflexión. No caso contrario será moi difícil que poida aspirar a unha das cinco primeiras posicións, obxectivo marcado ao principio do campionato.
O marcador é esaxerado pero fala do mal momento anímico do equipo de Antón Permuy, substituto de Míchel Alonso esta mesma semana. Dani Salas marcou o primeiro para os cántabros e o segundo, anotado por Jesús Villar logo dun erro grave do Pato Guillén, resultou demoledor.
No segundo tempo o Compostela tentou meterse no partido cun gol pero o que chegáron no treito final foron dous tantos máis dun Cayón que está a loitar por evitar o descenso.