Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a única autonomía que mantén o pasaporte da covid

Galicia é a única autonomía que mantén o pasaporte da covid

Tamén é a única comunidade con limitación de comensais en todo o país

Os casos activos continúan subindo, mentres baixan lixeiramente os contaxios 

G24.gal 25/03/2022 12:03 Última actualización 26/03/2022 9:00

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou este venres a Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 9 de abril, a obriga de presentar o certificado covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar os doentes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios, residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional.

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo destaca no auto que esta medida permite "o mantemento desas actividades en situacións en que se aprecia un incremento de risco de contaxio, polas características de especial vulnerabilidade que concorren".

Ademais, indica que o feito de que o pasaporte covid-19 "non elimine completamente a posibilidade de novos contaxios", non invalida "a idoneidade dunha medida que permite reducir o risco", asegura o TSXG nun comunicado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade