O TSXG confirma a absolución a unha acusada de matar dous anciáns en Arzúa
O TSXG confirma a absolución a unha acusada de matar dous anciáns en Arzúa
O Alto Tribunal destaca que non se probou que a sospeitosa acoitelase as vítimas, ás que coidaba
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, absolveu á acusada de matar a dous anciáns en Arzúa en 2016.
Segundo informa o alto tribunal galego, os xuíces na resolución destacan que non se probou que a sospeitosa, encargada do coidado das vítimas, as acoitelase cando estaban na cama.
O home e a muller residían nunha vivenda situada a moi pouca distancia da acusada. O día dos feitos, a sospeitosa presentaba “un trastorno psicótico agudo que anulaba totalmente as súas capacidades cognitivas e volitivas”.
A sala, que desestima o recurso presentado pola Fiscalía, subliña que “non pode discutirse que existe motivación e que a sentenza reflicte unha dúbida que para o xurado tivo entidade suficiente”.