Cargando resultados...
O TSXG pide un novo xulgado de primeira instancia en Vigo
O TSXG pide un novo xulgado de primeira instancia en Vigo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrou na Cidade da Xustiza de Vigo o seu primeiro pleno desprazado
G24.gal
26/01/2024 14:49
Antes do primeiro pleno desprazado do TSXG, celebrado na Cidade da Xustiza de Vigo, o presidente do alto tribunal anunciou a petición dun novo Xulgado do Civil, o número 17, para a cidade.
José María Gómez y Díaz-Castroverde insistiu na necesidade de dotar de salas de violencia de xénero as principais cidades de Galicia: "A sala de goberno ten un proxecto encamiñado a que haxa en Galicia polo menos sete xulgados de violencia de xénero nas principais cidades. Nós este ano 2023 fixemos unha proposta para comezar polo xulgado de Compostela, que non foi aceptada polo Goberno central, e imos insistir nela".