Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG recoñece o dereito dun cidadán a que a Axencia Tributaria o atenda en galego

O TSXG recoñece o dereito dun cidadán a que a Axencia Tributaria o atenda en galego

Declara nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán

G24.gal 08/04/2022 19:16

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñeceu o dereito dun cidadán para ser atendido en galego e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, ordenando retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á elección lingüística.

A Mesa pola Normalización considera "histórica" a sentenza emitida o 4 de abril polo TSXG e "un éxito xudicial" alcanzado polos servizos xurídicos desta entidade. A xuízo da entidade, supón "un reproche" á Axencia Tributaria por eludir a "vontade inequívoca" do administrado a que se comuniquen con el na lingua galega e por "baleirar" de contido o dereito á elección lingüística que asiste á cidadanía galega.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade