Publicador de contidos
Publicador de contidos

O verán deixa 241 mortos nas estradas, case a metade motoristas, peóns e ciclistas

O verán deixa 241 mortos nas estradas, case a metade motoristas, peóns e ciclistas

En xullo e agosto todos os días houbo algún accidente mortal nas estradas españolas 

O ministro Marlaska recoñece: "Son malos os datos; un só morto na estrada é un prezo inasumible nunha sociedade moderna e avanzada como a nosa"

G24.gal 05/09/2024 12:22 Última actualización 05/09/2024 13:44

Un total de 241 persoas faleceron en accidentes de tráfico nas estradas españolas durante os meses de xullo e agosto, tres vítimas mortais máis que o ano anterior,  segundo o balance provisional presentado esta mañá.

Segundo Fernando Grande-Marlaska, o número de accidentes descendeu un 3 % respecto ao ano anterior (121 fronte a 127) e un 46 por cento das vítimas mortais eran usuarios vulnerables -motoristas, peóns e ciclistas. mañá polo ministro do Interior.

"Son malos os datos e non me cansarei de dicir que un só morto na estrada é un prezo inasumible nunha sociedade moderna e avanzada como a nosa", sinalou Marlaska.

Gustavo Valiente / Europa Press Gustavo Valiente / Europa Press

Desde o 1 de xaneiro, e ata o pasado 1 de setembro, contabilizáronse 783 falecidos nas estradas, 33 máis que no mesmo período do ano pasado, o que representa un incremento do 4 %.

Un de cada 10 falecidos é un peón

Xullo finalizou con 109 persoas falecidas, 9 menos que o mesmo mes de 2023 e agosto con 132 vítimas mortais (12 máis).

Este verán morreron 3,9 persoas cada día nas estradas. Marlaska lamentou que non houbo un só día sen un falecido.

Do total de falecidos este verán, 112 eran vulnerables: 76 motoristas, 12 máis que o ano anterior, un dato "dramático", recoñeceu o ministro, que precisou que 4 de cada 10 morreron por saída de vía e 3 de cada 4 en estradas convencionais.  Ademais, faleceron 20 peóns e 15 ciclistas, ademais dun usuario de patinete.

Este verán volveuse a situacións habituais nas que entre un 25 e un 30 % de sinistros mortais prodúcense en autoestradas e autovías e entre un 70 e un 75 % en vías convencionais. A saída de vía é o tipo de sinistro que máis persoas falecidas rexistrou, seguida das colisións frontais, a gran maioría por invasión do sentido contrario debido á distracción do condutor ou a unha velocidade excesiva ou inadecuada.

Todo isto nun verán no que os desprazamentos de longo percorrido superaron as previsións e alcanzaron os máis de 97,7 millóns de movementos, 4,1 millóns máis que en 2023 e a cifra máis alta da serie estatística histórica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade