Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Victoria xogará a Copa contra un equipo de Primeira

O Victoria xogará a Copa contra un equipo de Primeira

G24.gal 17/11/2021 21:35

O Victoria coruñés superou o Hernani vasco e xogará a primeira eliminatoria da Copa contra un equipo de Primeira División, a partido único e no seu campo. 

O gol de Iago ao comezo da segunda metade foi definitivo para que un equipo modesto do fútbol coruñés, de tradicional traballo coa canteira e co fútbol feminino, escriba a páxina máis brillante da súa dilatada historia. 

Cun cheo absoluto na Grela, o partido resultou moi emocionante. Na primeira parte houbo poucas ocasións pero o temperán gol de Iago desatou as hostilidades na segunda metade. O Victoria mereceu pechar a eliminatoria á contra, pero o Hernani aguantou e a cinco minutos do final tivo un penalti para empatar. Un paradón do porteiro Jano posibilitou a milagre do conxunto coruñés. 

O sorteo será esta tarde, ás 16:30 nas Rozas. O Victoria terá o premio de enfrontarse a un equipo de Primeira División no estadio de Riazor. Xogar contra o Celta non estaría nada mal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar