Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Vilarreal e o Celta miden o seu bo arranque na Cerámica e na TVG

O Vilarreal e o Celta miden o seu bo arranque na Cerámica e na TVG

O Celta de Giráldez sumou en dous partidos os seis puntos que Rafa Benítez tardou nove encontros en celebrar

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 26/08/2024 13:03 Última actualización 26/08/2024 13:26

O Vilarreal e o Celta enfróntanse na Cerámica coa intención de manterse na zona alta da táboa, tras arrincar ambos os con bo pé o campionato.

O Vilarreal suma catro puntos tras empatar ante o Atlético de Madrid e vencer en Sevilla, mentres que Celta vén de gañar ao Alavés e o Valencia en Balaídos. Ambos os equipos chegan con moi pouco descanso tras este último partido, o que sumado ás altas temperaturas e o esforzo realizado, pode marcar tamén o encontro.

O Vilarreal vai seguir na liña de realizar rotacións no seu equipo, algo que o técnico Marcelino García Toral xa fixo na xornada anterior, na que xogadores como Albiol, Gerard, Yeremy Pino ou Parejo foron suplentes e que ante o equipo galego poderían recuperar a titularidade. Un Celta lanzado, liderado polo sensacional momento de forma de Iago Aspas e a valente proposta futbolística de Claudio Giráldez, encara no Estadio da Cerámica o reto de arrincar LaLiga con tres triunfos consecutivos, algo que non consegue desde o curso 2002-03 cando logrou a histórica clasificación para a liga de Campións.

O celtismo ilusionouse novamente co seu equipo tras o fracaso que supuxo o paso de Rafa Benítez por Balaídos. O Celta de Giráldez sumou en dous partidos os seis puntos que o seu antecesor no cargo tardou nove encontros en celebrar como técnico celeste. A iso hai que unir a confianza de Giráldez nos xogadores da casa.

Fronte ao Valencia, o Celta aliñou nalgún momento do partido a nove futbolistas galegos. Iván Villar, Javi Rodríguez, Carlos Dominguez, Damián, Hugo Álvarez e Aspas foron titulares. Sergio Carreira, Pablo Durán e Borja Iglesias entraron no segundo tempo.

O partido poderá seguirse en directo en TVG e en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade