Cargando resultados...
O viñetista e pintor Luís Dávila, premio Trasalba 2023
O viñetista e pintor Luís Dávila, premio Trasalba 2023
O humorista e actor Carlos Blanco fixo a laudatio do galardoado
G24.gal
25/06/2023 14:15
Última actualización 25/06/2023 15:01
O debuxante Luís Dávila recolleu este domingo o Premio Trasalba 2023. A Fundación Otero Pedrayo quere recoñecer así o labor deste viñetista e deseñador gráfico pola súa implicación coa defensa da nosa lingua e a nosa cultura a través do humor e dunhas mensaxes moi próximas á sociedade galega, un referente, din, na reivindicación sociolingüística.
O acto de entrega do galardón celebrouse este mediodía no pazo de Trasalba, en Amoeiro. O premio é unha escultura de Otero Pedrayo, obra do escultor ourensán Manuel Buciños.