O violinista Ara Malikian vibra na Coruña e visita tamén Vigo e Ourense
O violinista Ara Malikian vibra na Coruña e visita tamén Vigo e Ourense
O artista presenta o seu último traballo, Le Petit Garage
O violinista libanés Ara Malikian está de xira en Galicia co seu espectáculo Le Petit Garage, adiado pola pandemia. Tres citas, na Coruña, en Vigo e en Ourense, e en días consecutivos. Estivemos con el no primeiro dos concertos, na Coruña.
Un pazo da Ópera da Coruña aínda con restricións pero con moitas ganas, do público e do artista. E chegou o momento: Ara Malikian no palco coruñés. Un arranque apoteótico, extravagante, delicado por momentos e transgresor, para presentar ante o público galego Le Petit Garage, o seu último traballo, froito do confinamento e inspirado na pandemia.
Mostrouse agradecido tamén un público cheo de aplausos interminables. Repetiranse con toda seguridade mañá en Vigo e o xoves en Ourense.