Publicador de contidos
Publicador de contidos

O wáter-polo feminino trae o quinto ouro

O wáter-polo feminino trae o quinto ouro

Unha gran segunda parte fai posible un novo ouro

G24.gal 10/08/2024 16:28

A selección feminina de wáter-polo plantábase na final dos Xogos Olímpicos tras gañar nos penaltis a Países Baixos nas semifinais. A rival, a todopoderosa Australia que tamén gañou por penaltis nas semifinais a unha das favoritas, Estados Unidos.

O partido comezaba moi parado, coas defensas ben plantadas, pero os ataques impoñíanse, e acababa o primeiro cuarto cun 2-2 no marcador. O segundo cuarto foi máis do mesmo, e o acerto baixou, resultando nun 3-2 a favor de España. 

Na segunda metade do encontro España gañou confianza e mellorou o seu acerto goleador, pero as australianas non se rendían, 7-5 a favor de España cun só cuarto por diante. E nese cuarto España demostrou porque acabaría sendo a campioa olímpica, chegou a ter unha vantaxe de 4 goles a falta dun par de minutos. Ao final do partido 11-9 para España e o ouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade