Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xabaril causou o 30 % dos accidentes rexistrados o ano pasado nas estradas galegas

O xabaril causou o 30 % dos accidentes rexistrados o ano pasado nas estradas galegas

A provincia de Lugo e as bisbarras de Ferrolterra, Valdeorras e Verín son as zonas que concentran máis accidentes provocados polo xabaril

G24.gal 05/01/2023 10:49

Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico, os accidentes con animais superan xa os 1.621 e precisamente neles o xabaril estivo presente no 35 por cento dos casos. O xabaril coroouse este ano como rei do asfalto, seguido do corzo, que é o segundo animal que máis accidentes provoca en Galicia. Este mamífero é consecuentemente o animal que máis accidentes está provocando en todas as estradas de Galicia.

Os accidentes de tráfico provocados por animais representan xa o 40 por cento da sinistralidade anual nas estradas galegas e o xabaril causa seis de cada dez accidentes deste tipo.

A provincia de Lugo e as bisbarras de Ferrolterra, Valdeorras e Verín son as zonas que concentran máis accidentes provocados polo xabaril.

Os accidentes de tráfico provocados pola irrupción na estrada de animais continúan incrementándose en Galicia, consolidando a tendencia dos últimos anos que só as restricións á mobilidade durante a pandemia conseguiu frear.

Durante o ano pasado rexistráronse nas estradas galegas case 5.500 accidentes provocados por animais, máis do corenta por cento dos sinistros de tráfico totais. En seis de cada dez accidentes deste tipo o animal involucrado foi un xabaril.

"Sobre todo cando empeza a caza collemos de vez en cando accidentes de xabaril", asegura  Ramón Tarrío, de grúas Castmar. 

Por ese motivo, a maior sinistralidade concéntrase nos meses de novembro e decembro.
Con respecto ao ano anterior, o número de accidentes provocados por animais aumenta en tres das catro provincias galegas e diminúe na de Lugo.

Como non é posible anticipar unha situación deste tipo, a DXT recomenda ter en conta unha serie de consellos: "Manter a calma en caso de que irrompa un animal, non facer manobras bruscas para non perder o control do vehículo e logo, se temos que atropelar o animal, pois atropelámolo, pero sempre tendo en conta de non facer un manobra que nos leve a perder o control, invadir o sentido contrario ou unha saída de vía con danos para as persoas".

Segundo os datos das aseguradoras, tres comunidades autónomas, Galicia, Castela e León e Cataluña, concentran máis da metade dos accidentes con animais rexistrados cada ano en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade