Cargando resultados...
O Xabarín Club, para nostalxia de máis dunha xeración, fai 30 anos
O Xabarín Club, para nostalxia de máis dunha xeración, fai 30 anos
Naceu o 18 de abril de 1994, e converteuse na estrela da programación infantil e xuvenil da TVG
G24.gal
18/04/2024 14:56
Daquela aínda non o sabiamos, pero na merenda do 18 de abril de 1994 vimos nacer un fenómeno. Foi o día que o xabaril máis famoso do mundo se asomou por primeira vez á televisión.
Lembrámolo na rúa, coa xeración Xabarín. Comprobamos a nostalxia, o cariño e a admiración coa que recordamos aquela época dourada do Xabarín Club, un club que chegou a superar os cen mil socios e que traía cada serán series, concursos e música en galego ás pantallas dos nosos televisores.
Poucos galegos e galegas debe de haber entre os 25 e os 50 anos que non estean marcados dalgún xeito por este porco bravo.