Cargando resultados...
O xuíz admite a ampliación da denuncia pola espionaxe dos móbiles de Marlaska e Planas
O xuíz admite a ampliación da denuncia pola espionaxe dos móbiles de Marlaska e Planas
A espionaxe do dispositivo de Marlaska foi en xuño, e tamén o intentaron co móbil do titular de Agricultura, Luis Planas, pero ao parecer non o conseguiron
G24.gal
11/05/2022 14:04
O xuíz que leva o caso Pegasus comunicou que admite a ampliación da denuncia pola infección dos móbiles dos ministros do Interior e Agricultura.
O máximo responsable da seguridade do país, Grande-Marlaska, xa entregou os teléfonos ao Centro Nacional de Intelixencia. A espionaxe do seu dispositivo foi en xuño.
Ao parecer tamén o intentaron co dispositivo do titular de Agricultura, Luis Planas, pero non o conseguiron. De momento non transcendeu o contido da información que se roubou.